O
Centro Comercial Marineda City recibe o sábado 27 de xuño a visita
da unidade móbil da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS),
que estará estacionada na Praza, ao carón da parada de taxis, das
10:00 ás 15:00 horas. A Axencia comezou a visitar esta superficie
comercial no ano 2011 e acumula xa a cifra de 305 doazóns de sangue.
A ADOS quere agradecer á xerencia de Marineda City a súa
colaboración no desenvolvemento das campañas de doazón e convidar
a todos os usuarios e usuarias a participar activamente nesta nova
visita.