A
empresa pontevedresa Grupo Junquera recibirá o vindeiro xoves 25 de
xuño, a campaña de doazón da Axencia de Doazón de Órganos e
Sangue (ADOS). Unha unidade móbil da ADOS estacionará, das 10:00 ás
14:00 horas, diante de Automoción La Junquera para acadar a
solidariedade dos traballadores e traballadoras que teñen realizado
un total de 954 doazóns de sangue desde 2004, ano no que comezaron a
desenvolverse as campañas de doazón nesta empresa. A ADOS quere
agradecer, tanto á dirección de Grupo Junquera como aos seus
traballadores e traballadoras, a súa colaboración e compromiso coas
campañas de doazón de sangue.