Os
traballadores e traballadoras do Grupo Aludec en Ponte Caldelas
poderán doar este luns 22 de xuño na unidade móbil da Axencia de
Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) que estará no aparcadoiro de Aludec Stamping das 09:30 ás 14:30 horas. O martes 23, en horario das 09:30 ás 14:30 e das 15:30 ás 21:00 horas, poderán doar as persoas que acudan ata a unidade móbil estacionada no aparcadoiro fronte a Aludec Componentes.
A
Axencia comezou no ano 2019 a visitar as instalacións da empresa
pontevedresa, acumulando 357 doazóns de sangue. ADOS quere agradecer
á dirección do Grupo Aludec as facilidades brindadas para o
desenvolvemento das campañas de doazón de sangue, agradecemento que
fai extensivo aos traballadores e traballadoras que participan
activamente nas mesmas.