JEALSA, REFERENTE DE SOLIDARIEDADE NO EIDO DA DOAZÓN, ACOLLE UNHA NOVA VISITA DAS UNIDADES MÓBILES DA ADOS

A empresa Jealsa, referente de solidariedade no eido da doazón de sangue pola súa constante implicación nas campañas desenvolvidas pola Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS), acolle esta semana a visita das unidades móbiles da ADOS.


O 1 de xuño de 1994, unha factoría de Jealsa acollía, por vez primeira, unha campaña de doazón de sangue. Na actualidade, é unha das empresas galegas con maior número de doazóns de sangue acumuladas no transcurso destas máis de tres décadas, cun total de 7.707 doazóns.


Unha unidade móbil da Axencia estará nas xornadas do 17 e 18 de xuño nas instalacións de Jealsa en Bodión, estando estacionada no aparcadoiro, para facilitar o acceso dos traballadores e traballadoras das 10:00 ás 14:00 e das 16:00 ás 21:00 horas.


ADOS quere amosar o seu sincero agradecemento á dirección de Jealsa polo seu constante compromiso coas campañas de doazón desenvolvidas pola Axencia. Así mesmo, desde a Axencia de Doazón de Órganos e Sangue faise extensivo este agradecemento a todos os traballadores e traballadoras de Jealsa SA que doan sangue.



Comparte vida, únete a nós.