A CAMPAÑA DE RECOLLIDA DE DOAZÓNS DE SANGUE DA ADOS CHEGA HOXE Á DELEGACIÓN DA XUNTA DE GALICIA EN VIGO

A campaña de recollida de doazóns de sangue en unidades móbiles que leva a cabo a Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) en empresas e organismos públicos chega este luns, 15 de xuño, ata o edificio da delegación da Xunta de Galicia en Vigo. Todos os traballadores e traballadoras están convidados a doar na unidade móbil estacionada na porta principal das 09:30 ás 14:30 horas.

ADOS comezou a visitar o edificio da Xunta de Galicia no ano 2002 e, desde entón, teñense recollido un total de 1.225 doazóns de sangue.


Comparte vida, únete a nós.