A
unidade móbil da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS)
desprazarase ata as inmediacións do edificio da Consellería de
Sanidade en San Lázaro, os vindeiros 8 e 9 de xuño, dentro da
campaña de recollida de doazóns que a Axencia desenvolve en
empresas e organismos públicos de toda Galicia. As persoas que desexen
participar poderán doar sangue na unidade móbil estacionada no
aparcadoiro da Consellería das 09:30 ás 14:30 horas. A Axencia
visita tres veces ao ano as instalacións da Consellería de Sanidade
desde o ano 1998 e ten acadado un total de 2.123 doazóns de sangue
no transcurso destas campañas.