ADOS PROMOVE A DOAZÓN DE SANGUE ENTRE OS ESCOLARES QUE PARTICIPAN NA VIII FEIRA DA CIENCIA DE CULLEREDO

A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) voltará a ter presenza nunha nova edición da Feira da Ciencia que se desenvolve no Burgo (Culleredo). A Feira, que acada a súa oitava edición, celebrarase no explanada do Paseo Marítimo do Burgo o sábado 6 de xuño entre as 12:00 e ás 19:00 horas.


A ADOS desprazará unha unidade móbil de doazón que atenderá a todas as persoas que desexen participar entre as 10:00 e as 15:00 horas e, ademais, en colaboración coa Irmandade de Doantes de Sangue da Coruña, instalarase unha carpa na que os máis pequenos e pequenas poderán realizar distintas actividades vencelladas co fomento da doazón de sangue como elaboración de chapas ou debuxos.


Comparte vida, únete a nós.