NAUTERRA FACILITA O ACCESO Á DOAZÓN DOS SEUS TRABALLADORES E TRABALLADORAS

A unidade móbil da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) estará estacionada o xoves 4 de xuño dentro do recinto da empresa Nauterra de Carballo das 10:00 ás 14:00 e das 16:00 ás 18:00 horas para facilitar a doazón a todos os traballadores e traballadoras.


A Axencia quere agradecer á dirección de Nauterra a súa implicación no desenvolvemento das campañas de doazón de sangue que comezou a acoller no ano 1994 e que rexistra un acumulado de 2.218 doazóns de sangue ao longo destas más de tres décadas.



Comparte vida, únete a nós.