A XUNTA DE GALICIA ACOLLE UNHA NOVA CAMPAÑA DE DOAZÓN DE SANGUE

A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) desenvolverá unha nova campaña de doazón de sangue nos edificios administrativos da Xunta de Galicia en San Caetano. A iniciativa desenvolverase ao longo da presente semana, nas xornadas do 1, 2, 3 e 4 de xuño, cunha unidade móbil estacionada diante da cafetería das 09:30 ás 14:30 horas co obxectivo de recoller a solidariedade dos traballadores e traballadoras da Xunta.

ADOS leva visitando as instalacións da Xunta de Galicia en Santiago de Compostela desde o ano 1994, que permitiron conseguir más de 9.000 doazóns nas campañas realizadas nas instalacións administrativas que o executivo galego posúe en San Caetano.

Desde a Axencia de Doazón de Órganos e Sangue agradecemos a todos os traballadores e traballadoras da Xunta de Galicia a súa colaboración e compromiso neste tipo de iniciativas, e anima a todos eles a doar sangue durante os próximos días dentro da presente campaña.


Comparte vida, únete a nós.