ALCAMPO COIA RECIBE A VISITA DA UNIDADE MÓBIL DA AXENCIA DE DOAZÓN DE ÓRGANOS E SANGUE

Unha unidade móbil da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) achegarase este luns 25 de maio ata as inmediacións de Alcampo Coia, na viguesa Avenida Castelao. Das 09:30 ás 14:30 e das 15:30 ás 21:00 horas será posible doar na unidade móbil que visitará a superficie comercial para facilitar a participación de traballadores, traballadoras, usuarios e usuarias. ADOS quere agradecer á xerencia de Alcampo Coia as facilidades brindadas para o desenvolvemento das campañas de doazón de sangue que se levan desenvolvendo ininterrompidamente desde o ano 1995, acumulando 2.767 doazóns de sangue ao longo de estas máis de tres décadas.

Comparte vida, únete a nós.