A FESTA DO MELINDRE AGASALLA HOXE AOS DOANTES DE SANGUE DE MELIDE

Todas as persoas que acudan a doar sangue ata a unidade móbil da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) que estará hoxe en Melide recibirán un agasallo cortesía da Festa do Melindre e da Repostería Típica Terra de Melide que se celebra esta fin de semana.

Os doadores recibirán este doce típico como obsequio pola súa participación, podendo doar na unidade móbil estacionada no parque Rosalía de Castro, diante do Centro Multiusos e da Biblioteca Municipal, das 10:15 ás 14:00 e das 16:15 ás 21:00 horas.



Comparte vida, únete a nós.