Todas
as persoas que acudan a doar sangue ata a unidade móbil da Axencia
de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) que estará hoxe en Melide
recibirán un agasallo cortesía da Festa do Melindre e da Repostería
Típica Terra de Melide que se celebra esta fin de semana.
Os
doadores recibirán este doce típico como obsequio pola súa
participación, podendo doar na unidade móbil estacionada no parque
Rosalía de Castro, diante do Centro Multiusos e da Biblioteca
Municipal, das 10:15 ás 14:00 e das 16:15 ás 21:00 horas.