Este
sábado 25 de abril, máis de 1.000 persoas participarán nunha nova
edición da Pontevedrada que promove ASAMPO (Asociación de Amigos da
Pontevedrada), a andaina solidaria que une as cidades de Pontevedra e
Santiago de Compostela e que ten por obxectivo sensibilizar sobre a
importancia da doazón de sangue, órganos e tecidos. Esta é a 12º
edición desta andaina nocturna que tenta fomentar o solidario xesto
da doazón na sociedade galega promovendo, ademais, a actividade
deportiva e fomentando hábitos de vida saudables.
A
Axencia de Doazón de Órganos e Sangue quere agradecer a todos os
membros da ASAMPO a súa contribución á creación dunha conciencia
social favorable á doazón mediante a organización de iniciativas
como a Pontevedrada ou campañas de información e sensibilización
social a prol deste xesto solidario.