UN MILLEIRO DE PERSOAS PARTICIPAN MAÑÁ NA PONTEVEDRADA 2026

Este sábado 25 de abril, máis de 1.000 persoas participarán nunha nova edición da Pontevedrada que promove ASAMPO (Asociación de Amigos da Pontevedrada), a andaina solidaria que une as cidades de Pontevedra e Santiago de Compostela e que ten por obxectivo sensibilizar sobre a importancia da doazón de sangue, órganos e tecidos. Esta é a 12º edición desta andaina nocturna que tenta fomentar o solidario xesto da doazón na sociedade galega promovendo, ademais, a actividade deportiva e fomentando hábitos de vida saudables.

A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue quere agradecer a todos os membros da ASAMPO a súa contribución á creación dunha conciencia social favorable á doazón mediante a organización de iniciativas como a Pontevedrada ou campañas de información e sensibilización social a prol deste xesto solidario.


Comparte vida, únete a nós.