A
Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) e o Carrefour Los
Rosales na Coruña promoven unha nova campaña de doazón de sangue
nas instalacións do hipermercado ao longo da xornada do venres 25 de
abril. Unha unidade móbil da Axencia estará estacionada na entrada
do aparcadoiro pola Ronda do Outeiro das 09:30 ás 14:30 e das 15.30
ás 21:00 horas, para atender a todas as persoas que desexen doar
sangue.
A
ADOS ten visita as instalacións comerciais desde o ano 2001
acadando, no transcurso destes 25 anos un total de 1.420 doazóns de
sangue.
A
Axencia quere agradecer á xerencia do Carrefour Los Rosales a súa
colaboración en iniciativas destinadas a promover o solidario xesto
da doazón.