A AXENCIA DE DOAZÓN DE ÓRGANOS E SANGUE VISITA O VENRES 24 DE ABRIL AS INSTALACIÓNS DE CARREFOUR LOS ROSALES

A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) e o Carrefour Los Rosales na Coruña promoven unha nova campaña de doazón de sangue nas instalacións do hipermercado ao longo da xornada do venres 25 de abril. Unha unidade móbil da Axencia estará estacionada na entrada do aparcadoiro pola Ronda do Outeiro das 09:30 ás 14:30 e das 15.30 ás 21:00 horas, para atender a todas as persoas que desexen doar sangue.

A ADOS ten visita as instalacións comerciais desde o ano 2001 acadando, no transcurso destes 25 anos un total de 1.420 doazóns de sangue.

A Axencia quere agradecer á xerencia do Carrefour Los Rosales a súa colaboración en iniciativas destinadas a promover o solidario xesto da doazón.




Comparte vida, únete a nós.