OP
Mobility acolle este mes de abril a visita das unidades móbiles da
Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) que se desprazarán ata as
instalacións da empresa os días 22 e 29 de abril. Unha unidade
móbil estará estacionada dentro do recinto da empresa das 09:30 ás
14:30 e das 16:00 ás 21:00 horas.
OP
Mobility ten acollido as campañas de doazón da ADOS desde o ano
2021, visitando en cinco ocasións as instalacións da empresa e
acadando, no transcurso destas visitas, un total de 448 doazóns de
sangue. A Axencia quere agradecer á dirección de OP Mobility a súa
colaboración no desenvolvemento das campañas de doazón de sangue,
favorecendo a participación dos seus traballadores e traballadoras.