OP MOBILITY RECIBE UNHA NOVA CAMPAÑA DE DOAZÓN DE SANGUE

OP Mobility acolle este mes de abril a visita das unidades móbiles da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) que se desprazarán ata as instalacións da empresa os días 22 e 29 de abril. Unha unidade móbil estará estacionada dentro do recinto da empresa das 09:30 ás 14:30 e das 16:00 ás 21:00 horas.


OP Mobility ten acollido as campañas de doazón da ADOS desde o ano 2021, visitando en cinco ocasións as instalacións da empresa e acadando, no transcurso destas visitas, un total de 448 doazóns de sangue. A Axencia quere agradecer á dirección de OP Mobility a súa colaboración no desenvolvemento das campañas de doazón de sangue, favorecendo a participación dos seus traballadores e traballadoras.


Comparte vida, únete a nós.