A CAMPAÑA “NON PERDAS ESTE BUS. LÉVATE AO SON DO CAMIÑO” CHEGA AO CAMPUS VIDA DE SANTIAGO

O campus da Vida da Universidade de Santiago de Compostela acollerá este mércores 8 de abril a campaña “Non perdas este bus. Lévate ao Son do Camiño” da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS). Unha unidade móbil estará estacionada fronte á Facultade de Dereito das 09:30 ás 14:30 e das 15:30 ás 21:00 horas. Ao carón da unidade móbil, no transcurso desta xornada, instalarase unha marquesiña de bus con información relacionada coa doazón de sangue. Tamén será posible doar sangue nesta mesma localización e horario na xornada do xoves 9 de abril.

Comparte vida, únete a nós.