O
campus da Vida da Universidade de Santiago de Compostela acollerá
este mércores 8 de abril a campaña “Non perdas este bus. Lévate
ao Son do Camiño” da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue
(ADOS). Unha unidade móbil estará estacionada fronte á Facultade
de Dereito das 09:30 ás 14:30 e das 15:30 ás 21:00 horas. Ao carón
da unidade móbil, no transcurso desta xornada, instalarase unha
marquesiña de bus con información relacionada coa doazón de
sangue. Tamén será posible doar sangue nesta mesma localización e
horario na xornada do xoves 9 de abril.