Todas
as persoas que acudan ao longo da xornada do martes 10 de marzo ata a
unidade móbil estacionada na Rúa do Paseo recibirán como agasallo
unha entrada cedida polo Cloud.gal Ourense Baloncesto para asistir ao
encontro que o equipo galego disputará o sábado 14 de marzo fronte
ao Tizona. A unidade móbil da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) estará estacionada na Rúa do
Paseo das 09:30 ás 14.30 e das 15:30 ás 21:00 horas para atender a
todos os veciños e veciñas de Ourense que desexan doar sangue.
A
ADOS quere amosar o seu recoñecemento ao Cloud.gal Ourense
Baloncesto polo seu compromiso e especial sensibilidade a prol do
solidario xesto da doazón de sangue, contribuíndo, deste xeito, á
creación dunha cultura social favorable á doazón de sangue.