ADOS PROMOVE A DOAZÓN DE SANGUE NUNHA CAMPAÑA CONXUNTA CO CLOUD.GAL OURENSE BALONCESTO

Todas as persoas que acudan ao longo da xornada do martes 10 de marzo ata a unidade móbil estacionada na Rúa do Paseo recibirán como agasallo unha entrada cedida polo Cloud.gal Ourense Baloncesto para asistir ao encontro que o equipo galego disputará o sábado 14 de marzo fronte ao Tizona. A unidade móbil da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) estará estacionada na Rúa do Paseo das 09:30 ás 14.30 e das 15:30 ás 21:00 horas para atender a todos os veciños e veciñas de Ourense que desexan doar sangue.

A ADOS quere amosar o seu recoñecemento ao Cloud.gal Ourense Baloncesto polo seu compromiso e especial sensibilidade a prol do solidario xesto da doazón de sangue, contribuíndo, deste xeito, á creación dunha cultura social favorable á doazón de sangue.



Comparte vida, únete a nós.