A
Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) acadou
unha cifra de 482
doazóns de sangue na primeira das catro campañas de doazón de
sangue anuais que desenvolve nas instalacións de Stellantis Vigo. No
transcurso desta campaña, que tivo lugar os días 12, 18 e 19 de
febreiro, ADOS rexistrou unha elevada participación na factoría
viguesa salientando, ademais, que
23
das persoas que doaron sangue o fixeron por vez primeira.
Esta
é
a primeira visita das catro que a ADOS realizará este ano en
Stellantis Vigo e a Axencia quere poñer en valor a contribución
desta empresa viguesa que acumula 79.322
doazóns
de sangue desde o 5 de xullo de 1995, data da primeira visita ata
esta significativa factoría galega. ADOS quere amosar o seu sincero
agradecemento a Stellantis Vigo, un dos principais centros de
referencia do tecido industrial galego que, desde o
inicio da súa andaina,
ten amosado o seu compromiso coa sociedade galega e co solidario
xesto da doazón, tanto de órganos como de sangue.
Traxectoria
solidaria
Hai
máis de tres décadas, Stellantis Vigo comezou a acoller campañas
de doazón de sangue promovidas desde a Consellería de Sanidade e
que, actualmente, consolidan a esta empresa como un referente a nivel
estatal, sendo a empresa española con maior número de doazóns de
sangue.
Salientar
que, grazas á colaboración dos profesionais da empresa viguesa, que
teñen doado ao longo destas tres décadas, puideron subministrarse
compoñentes sanguíneos para realizar, por exemplo, máis de 39.660
intervencións cirúrxicas ou transfundir plaquetas a 15.800 doentes
oncolóxicos.
ADOS
quere salientar a constante implicación e compromiso de Stellantis
Vigo co desenvolvemento das campañas de doazón de sangue, así como
agradecer a todos os traballadores e traballadoras que doan sangue a
súa participación.