A XUNTA DE GALICIA COLABORA NUNHA NOVA CAMPAÑA DE DOAZÓN DE SANGUE PROMOVIDA POR ADOS

A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) puxo en marcha unha nova campaña de doazón en colaboración coa Xunta de Galicia.

A iniciativa desenvólvese en Santiago de Compostela durante 4 días, desde o luns 2 ata o vindeiro xoves 5 de febreiro. Ao longo destas xornadas, unha unidade móbil da Axencia está estacionada diante da cafetería dos edificios administrativos da Xunta de Galicia en San Caetano,  e atenderá aos doantes de 09:30 a 14:30 horas.

ADOS leva visitando as instalacións da Xunta de Galicia en Santiago de Compostela desde o ano 1994, o que permitiu conseguir máis de 8.900 doazóns nas campañas realizadas nas instalacións administrativas que o executivo galego posúe en San Caetano.

Desde a Axencia de Doazón de Órganos e Sangue, agradecemos a todos os traballadores e traballadoras da Xunta de Galicia a súa colaboración e compromiso neste tipo de iniciativas, e anima a todos eles a doar sangue durante os próximos días dentro da presente campaña.


Comparte vida, únete a nós.