O
Grupo Sacramental de Fieles de Ferrol está a desenvolver unha
campaña especial destinada a sensibilizar e promover o solidario
xesto da doazón de sangue na
cidade departamental.
Ao
longo das xornadas previas ao sábado 31 de xaneiro, data da visita
dunha unidade móbil da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue
(ADOS) ata
a Praza de Armas,
integrantes do Grupo Sacramental de Fieles de Ferrol distribuíron
información relativa ao solidario xesto da doazón de sangue,
tentando incrementar a participación na súa contorna.
Así
mesmo, e co obxectivo de acadar a activa participación da cidadanía,
a Axencia de Doazón de Órganos e Sangue desprazará mañá, sábado
31 de xaneiro, unha unidade móbil ata a Praza de Armas de Ferrol
para que todas as persoas que o desexan podan doar sangue das 10:00
ás 15.00 horas.
A
Axencia
de Doazón de Órganos e Sangue quere
agradecer a todos os membros do Grupo Sacramental de Fieles de Ferrol
a súa inestimable colaboración na organización desta campaña, que
contribúe non só a obter doazóns de sangue senón a mellorar a
sensibilización social a prol deste xesto solidario que é
imprescindible para o sostemento do intenso labor asistencial dos
hospitais galegos.