O GRUPO SACRAMENTAL DE FIELES DE FERROL COLABORA NO LABOR DE PROMOCIÓN DA DOAZÓN DE SANGUE

O Grupo Sacramental de Fieles de Ferrol está a desenvolver unha campaña especial destinada a sensibilizar e promover o solidario xesto da doazón de sangue na cidade departamental.


Ao longo das xornadas previas ao sábado 31 de xaneiro, data da visita dunha unidade móbil da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) ata a Praza de Armas, integrantes do Grupo Sacramental de Fieles de Ferrol distribuíron información relativa ao solidario xesto da doazón de sangue, tentando incrementar a participación na súa contorna.


Así mesmo, e co obxectivo de acadar a activa participación da cidadanía, a Axencia de Doazón de Órganos e Sangue desprazará mañá, sábado 31 de xaneiro, unha unidade móbil ata a Praza de Armas de Ferrol para que todas as persoas que o desexan podan doar sangue das 10:00 ás 15.00 horas.


A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue quere agradecer a todos os membros do Grupo Sacramental de Fieles de Ferrol a súa inestimable colaboración na organización desta campaña, que contribúe non só a obter doazóns de sangue senón a mellorar a sensibilización social a prol deste xesto solidario que é imprescindible para o sostemento do intenso labor asistencial dos hospitais galegos.



Comparte vida, únete a nós.