AS UNIDADES MÓBILES DA ADOS VISITAN MAÑÁ AS INSTALACIÓNS DE MONBUS EN LUGO

A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) desenvolverá o mércores 14 de xaneiro, unha campaña de doazón nas instalacións de Monbus en Lugo. Co obxectivo de facilitar a participación dos traballadores e traballadoras, unha unidade móbil da ADOS estará estacionada na campa da empresa das 09:30 ás 14:30 horas.


A ADOS ten visitado as instalacións de Monbus en Lugo nun total de ses ocasións desde o ano 2019, acadando, no transcurso destas campañas, un total de 56 doazóns de sangue. Neste sentido, desde a Axencia agradecer á xerencia de Monbus súa constante colaboración e compromiso co labor de recollida de doazóns de sangue, recoñecemento que quere facer extensivo a todos os traballadores e traballadoras que doan sangue.


Comparte vida, únete a nós.