A
Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) desenvolverá
o mércores 14
de xaneiro, unha campaña de doazón nas instalacións de Monbus en
Lugo. Co obxectivo de facilitar a participación dos traballadores e
traballadoras, unha unidade móbil da ADOS estará estacionada na
campa da empresa das 09:30 ás 14:30 horas.
A
ADOS ten visitado as instalacións de Monbus en Lugo nun total de
ses
ocasións desde o ano 2019, acadando, no transcurso destas campañas,
un total de 56
doazóns de sangue. Neste sentido, desde a Axencia agradecer á
xerencia de Monbus súa constante colaboración e compromiso co
labor de recollida de doazóns de sangue, recoñecemento que quere
facer extensivo a todos os traballadores e traballadoras que doan
sangue.