A EMPRESA RESONAC COLABORA COAS CAMPAÑAS IMPULSADAS POLA AXENCIA DE DOAZÓN DE ÓRGANOS E SANGUE

A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) visitará mañá, mércores 17 de decembro, as instalacións da empresa Resonac, dentro da campaña de recollida de doazóns de sangue que a ADOS desenvolve en empresas e organismos públicos.


A ADOS quere convidar a todos os traballadores e traballadoras a participar nesta campaña de doazón e, para iso, despraza mañá unha unidade móbil que estará estacionada diante do servicio médico das 09:30 ás 14:30 horas.


Resonac ten acollido en 26 ocasións as visitas das unidades móbiles da Axencia, desenvolvendo campañas a prol da doazón desde o ano 1994. No transcurso destas visitas, acadáronse 393 doazóns, das cales 15 correspondíanse con persoas que doaban por vez primeira.


ADOS quere agradecer á dirección de Resonac as facilidades amosadas para o desenvolvemento das campañas de doazón de sangue, recoñecemento que fai extensivo a todos os seus traballadores e traballadoras que participan activamente doando sangue.



Comparte vida, únete a nós.