A
Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) visitará mañá,
mércores 17 de decembro, as instalacións da empresa Resonac, dentro
da campaña de recollida de doazóns de sangue que a ADOS desenvolve
en empresas e organismos públicos.
A
ADOS quere convidar a todos os traballadores e traballadoras a
participar nesta campaña de doazón e, para iso, despraza mañá unha
unidade móbil que estará estacionada diante do servicio médico das
09:30 ás 14:30 horas.
Resonac
ten acollido en 26 ocasións as visitas das unidades móbiles da
Axencia, desenvolvendo campañas a prol da doazón desde o ano 1994.
No transcurso destas visitas, acadáronse 393 doazóns, das cales 15
correspondíanse con persoas que doaban por vez primeira.
ADOS
quere agradecer á dirección de Resonac as facilidades amosadas para
o desenvolvemento das campañas de doazón de sangue, recoñecemento
que fai extensivo a todos os seus traballadores e traballadoras que
participan activamente doando sangue.