A
Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) e a empresa Jealsa
promoven a doazón de sangue ao longo da presente semana en distintas
instalacións da empresa localizadas na provincia da Coruña.
ADOS
salienta a solidariedade da dirección desta empresa e dos seus
traballadores e traballadoras que, no 30º aniversario da ADOS
celebrado hai dous anos, foi premiada pola súa longa traxectoria de
colaboración e compromiso a prol da sangue, sendo unha das empresas
pioneiras na implantación das campañas de doazón en Galicia. O 1
de xuño de 1994, unha das factorías de Jealsa acollía, por vez
primeira, unha campaña de doazón e, na actualidade, tense
consolidado como unha das empresas con maior número de doazóns
acumuladas ao longo das tres últimas décadas, cun total
de 7.598
doazóns.
Unha
unidade móbil da Axencia estará hoxe e mañá, martes 9 e mércores
10 de decembro, das 10:00 ás 14:00 e das 16:00 ás 21:00 horas no
aparcadoiro da factoría de Jealsa en Bodión (Boiro).
A
dirección de ADOS destaca a importancia da colaboración de
colectivos e institucións de todos os ámbitos para lograr unha
conciencia solidaria proclive á doazón como, neste caso, está a
impulsar Jealsa
e
que posibilita o acceso á doazón dos seus profesionais dentro da
propia empresa e en xornada laboral, contribuindo así mesmo a
mellorar a sensibilización dos seus traballadores e traballadoras a
prol deste xesto solidario.