A AXENCIA DE DOAZÓN DE ÓRGANOS E SANGUE PROMOVE NOVAS CAMPAÑAS EN JEALSA, UNHA EMPRESA REFERENTE DE SOLIDARIEDADE A PROL DA DOAZÓN DE SANGUE

A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) e a empresa Jealsa promoven a doazón de sangue ao longo da presente semana en distintas instalacións da empresa localizadas na provincia da Coruña.


ADOS salienta a solidariedade da dirección desta empresa e dos seus traballadores e traballadoras que, no 30º aniversario da ADOS celebrado hai dous anos, foi premiada pola súa longa traxectoria de colaboración e compromiso a prol da sangue, sendo unha das empresas pioneiras na implantación das campañas de doazón en Galicia. O 1 de xuño de 1994, unha das factorías de Jealsa acollía, por vez primeira, unha campaña de doazón e, na actualidade, tense consolidado como unha das empresas con maior número de doazóns acumuladas ao longo das tres últimas décadas, cun total de 7.598 doazóns.


Unha unidade móbil da Axencia estará hoxe e mañá, martes 9 e mércores 10 de decembro, das 10:00 ás 14:00 e das 16:00 ás 21:00 horas no aparcadoiro da factoría de Jealsa en Bodión (Boiro).


A dirección de ADOS destaca a importancia da colaboración de colectivos e institucións de todos os ámbitos para lograr unha conciencia solidaria proclive á doazón como, neste caso, está a impulsar Jealsa e que posibilita o acceso á doazón dos seus profesionais dentro da propia empresa e en xornada laboral, contribuindo así mesmo a mellorar a sensibilización dos seus traballadores e traballadoras a prol deste xesto solidario.


Comparte vida, únete a nós.