O
IES Frei Martín Sarmiento de Pontevedra acolle hoxe, luns 24 de
novembro, unha mesa informativa sobre doazón de sangue e medula
ósea, promovida pola Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS).
Ao
longo de toda a mañá, os estudantes recibirán información sobre a
doazón e poderán resolver as súas dúbidas coas profesionais da
Axencia que atenden esta mesa.
Esta
iniciativa forma parte da campaña de información, sensibilización
e captación de doantes de sangue e medula ósea que está a
desenvolver a Axencia ao longo da primeira fase da campaña de doazón
en centros docentes universitarios e non universitarios,
correspondente ao curso académico 2025-2026.
Mañá,
martes 25 de novembro, unha unidade móbil da ADOS estará
estacionada no aparcadoiro do instituto das 09:30 ás 14:30 e das
15:30 ás 21:00 horas para atender a todos aqueles estudantes e
membros da comunidade educativa que desexen compartir o seu tempo
doando sangue.