EL CORTE INGLÉS PROMOVE A DOAZÓN DE SANGUE NOS SEUS CENTROS DA CORUÑA, SANTIAGO DE COMPOSTELA E VIGO


A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) estará ao longo da xornada do xoves 20 de novembro nos establecementos de El Corte Inglés nas cidades da Coruña, Santiago de Compostela e Vigo, nunha nova iniciativa desta empresa que ven amosando o seu compromiso co solidario xesto da doazón de sangue en Galicia.


El Corte Inglés conta cunha longa traxectoria de colaboración coa Axencia xa que, desde o ano 1994, ven desenvolvendo diferentes iniciativas destinadas a promover a doazón de sangue, convidando aos seus traballadores e traballadoras e á cidadanía a participar activamente nas campañas de doazón. Deste xeito, ao longo destas tres décadas, a colaboración entre os establecementos de El Corte Inglés en Galicia e a ADOS, supuxo a obtención de 7.700 doazóns de sangue, converténdose nun centro de referencia no que se refire a este xesto solidario.


Ao longo da presente xornada será posible doar sangue nas unidades móbiles da ADOS que están estacionadas nos seguintes puntos:


- El Corte Inglés-A Coruña: na parada de taxis da Rúa Ramón y Cajal das 09:30 ás 14.30 e das 15:30 ás 21:00 horas.

- El Corte Inglés-Santiago de Compostela: na entrada principal das 09:30 ás 14.30 e das 15:30 ás 21:00 horas.

- El Corte Inglés-Vigo: na rúa Ecuador, fronte á porta do persoal, das 09:30 ás 14.30 e das 15:30 ás 21:00 horas.


ADOS quere agradecer á dirección de El Corte Inglés as facilidades amosadas para o desenvolvemento das campañas de doazón de sangue, así como a súa especial sensibilidade a prol da doazón de sangue. Así mesmo, a Axencia quere facer extensivo este recoñecemento a todos os seus traballadores e traballadoras que participan activamente doando sangue.



Comparte vida, únete a nós.