A
Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS), dentro da campaña de
recollida de doazóns de sangue en empresas e organismos públicos,
visitará mañá, martes 11 de novembro, o edificio administrativo da
Xunta de Galicia na Coruña.
Todos
os traballadores e traballadoras que desexen doar sangue poderán
facelo na unidade móbil da Axencia que estará estacionada no
lateral da gasolineira das 09:30 ás 14:30 horas.
A
ADOS ten visitado en 57 ocasións, desde o
ano 1994, as instalacións do edificio administrativo da Xunta de
Galicia na cidade da Coruña obtendo, no transcurso destas visitas,
un total de 1.151 doazóns de sangue. Neste sentido, a
Axencia
quere agradecer a colaboración de todos os
traballadores e traballadoras que teñen participado activamente
nalgunha ocasión nas campañas de doazón de sangue.