Durante esta semana, a Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) e os estaleiros Navantia colaboran nunha nova campaña de recollida de sangue nas instalacións da compañía.
Desde o martes ata o mércores, unha unidade móbil de ADOS está situada diante do aparcadoiro da oficina técnica de Navantia, dispoñible para os traballadores e traballadoras que desexen doar sangue entre as 09:30 e as 14:30 horas. O xoves, neste mesmo horario, a unidade trasladarase ás inmediacións dos servizos médicos da empresa para continuar facilitando a participación do persoal.
Esta colaboración non é nova: desde a primeira visita de ADOS a Navantia en 1994, foron máis de 50 as campañas realizadas, logrando un total de 1.028 doazóns grazas á solidariedade dos empregados e empregadas da empresa.
ADOS quere expresar a súa gratitude á dirección de Navantia pola súa implicación constante e o apoio continuado ás iniciativas de doazón de sangue, así como ao compromiso de todos os profesionais que participan activamente nesta acción que salva vidas.