A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) desenvolverá hoxe luns 21 de xullo, unha campaña de doazón de sangue nas instalacións do Centro Comercial Odeón de Narón, co obxectivo de incentivar a participación dos seus usuarios e usuarias.
Unha unidade móbil da ADOS estará estacionada na entrada posterior do recinto comercial de 09:30 a 14.30h. para atender a todas as persoas que desexen doar e compartir o seu tempo nun xesto solidario e necesario para garantir as reservas de sangue nos hospitais, especialmente nestes meses de verán cando se reducen o número de doantes.
ADOS quere agradecer á xerencia do CC Odeón de Narón a súa colaboración e compromiso coa doazón de sangue, xa que coa sua participación nas campañas de doazón non só contribúe á consecución dun elevado número de doazóns, senón que permite a creación dunha conciencia social favorable á doazón de sangue.