A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) estará hoxe no INEF da Coruña coa campaña "Un alento de vida" que, nesta edición, coincide coa celebración do XII Outubro Saudable impulsado pola REUS (Rede Española de Universidades Saudables). Nesta oportunidad, o Outubro Saudable tenta acadar 10.000 doazóns de sangue e 1.000 inscritos como doantes de medula ósea nas campañas desenvolvidas ao longo do presente mes nos centros universitarios de toda España.
Para acadar este obxectivo, a ADOS instalará unha mesa informativa sobre a doazón de medula ósea na xornada do martes 13 de outubro nas instalacións do INEF e será posible doar sangue no Laboratorio de Fisioloxía en horatio das 09:30 ás 14:30 horas.