OS TRABALLADORES E TRABALLADORAS DO CONCELLO DE VIGO PODERÁN PARTICIPAR HOXE NA CAMPAÑA DE DOAZÓN DE SANGUE

​A unidade móbil da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) está hoxe, martes 6 de outubro, no Concello de Vigo. Estará estacionada diante da Policía Local co obxecto de favorecer a participación dos traballadores e traballadoras municipais, así como de toda a veciñanza viguesa. As persoas que desexen doar poderán acudir das 09:30 ás 14:30 horas.

​A ADOS comezou a acudir a este punto de referencia da cidade de Vigo no ano 1995 e acumula un total de 1.466 doazóns de sangue.





Comparte vida, únete a nós.