As
instalacións de Carrefour Pontevedra reciben hoxe a visita dunha
unidade móbil da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) que
estará estacionada no parque de acceso de mercadorías das 15:30 ás
21:00 horas. A ADOS ten visitado en sete ocasións as instalacións
desta superficie comercial, acadando, no transcurso destas campañas,
un total de 132 doazóns de sangue.