A
campaña de doazón de sangue “Un alento de vida” da Axencia de
Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) chega este venres 26 de xuño
ata a cidade de Ferrol. A
unidade móbil da Axencia estará estacionada na Praza de Armas das
09:30 ás 14:30 e das 15:30 ás 21:00 horas e ao carón do vehículo
instalarase unha montaxe consistente nunha típica terraza de verán.
O obxectivo da campaña é concienciar á cidadanía de que, aínda
que o período estival sexa eminentemente vacacional, os centros
hospitalarios galegos continúan precisando da colaboración dos
cidadáns e, diariamente, precísanse ao redor de 400 doazóns de
sangue.