ÁREA CENTRAL ACOLLE UNHA NOVA VISITA DAS UNIDADES MÓBILES DA ADOS

A superficie comercial santiaguesa Área Central será a protagonista dunha nova campaña de doazón de sangue desenvolvida pola Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS), que terá lugar o vindeiro xoves 25 de xuño. A unidade móbil da ADOS estará estacionada das 09:30 ás 14:30 e das 15:30 ás 21:00 horas fronte á cabina de información. Tanto os usuarios e usuarias como os traballadores e traballadoras e a veciñanza do barrio de Fontiñas están convidados a participar e, deste xeito, incrementar ás 15.732 doazóns de sangue acadadas desde a primeira visita das unidades móbiles da Axencia no ano 1993.




Comparte vida, únete a nós.