O POLÍGONO DO CEAO COLABORA NA CAMPAÑA DE RECOLLIDA DE DOAZÓNS DE SANGUE

Os traballadores e traballadoras das empresas radicadas no lucense Polígono do Ceao poderán achegarse a doar sangue ata a unidade móbil da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) que estará o xoves 18 de xuño no aparcadoiro de Hierros Ferreiro, das 09:30 ás 14:30. ADOS, que agradece a colaboración brindada por todas as empresas desta superficie industrial, comezou a visitar o Polígono do Ceao no ano 1998, cunha periodicidade anual.





Comparte vida, únete a nós.