A AXENCIA DE DOAZÓN DE ÓRGANOS E SANGUE VISITA OS XULGADOS DA CORUÑA

A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) desprazará unha unidade móbil ata as inmediacións da Audiencia e Xulgados da Coruña o mércores 17 de xuño en horario das 09:30 ás 14:30 horas. Esta é a 17ª visita da ADOS, desde o ano 2008, ata a Audiencia e Xulgados da Coruña para favorecer a participación dos traballadores e traballadoras que, ata o momento, acumulan un total de 274 doazóns de sangue.

Esta visita forma parte da campaña de recollida de doazóns en empresas e organismos públicos ao igual que o desprazamento doutra unidade móbil da Axencia ata o Polígono da Pasaxe (Gondomar) que tamén terá lugar na xornada do mércores 17 de xuño das 10:00 ás 14:30 horas. Esta é a segunda visita desenvolvida pola ADOS ata este polígono industrial e o obxectivo é incrementar a participación por riba das 33 doazóns recollidas o pasado ano.


Comparte vida, únete a nós.