INDUSTRIAS LÁCTEAS NADELA S.L.U. RECIBE A VISITA DUNHA UNIDADE MÓBIL DA ADOS

Unha unidade móbil da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) visita o xoves 11 de xuño a empresa lucense Industrias Lácteas de Nadela S.L.U. para que os traballadores e traballadoras podan doar sangue desde as 09:30 ás 14:30 horas. A Axencia visita unha vez ao ano esta empresa lucense e quere amosar o seu agradecemento a súa xerencia polas facilidades brindadas para o desenvolvemento de iniciativas destinadas a favorecer o solidario xesto da doazón.

Comparte vida, únete a nós.