OS TRABALLADORES E TRABALLADORAS DE CRTVG PODERÁN DOAR SANGUE AO LONGO DA PRESENTE XORNADA

Ao longo da xornada do luns 8 de xuño, os traballadores e traballadoras da CRTVG en Santiago de Compostela poderán doar sangue na unidade móbil da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) que se desprazará ata o recinto da Compañía. O horario de atención da unidade móbil será de 09:30 ás 14::30 e das 15:30 ás 18:30 horas.

A primeira visita das unidades móbiles da Axencia ata a CRTVG realizouse no ano 1993 e, ata a actualidade, téñense recollido nesta campaña un total de 2.073 doazóns de sangue.

Ademais, tamén está previsto que a unidade móbil se desprace, das 19:00 ás 21:00 horas, ata a alameda de Lavacolla.


Comparte vida, únete a nós.