A
empresa CTAG do Porriño acolle unha campaña de doazón de Axencia
de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) este xoves 4 de xuño. Unha
unidade móbil da Axencia estará dentro do recinto da empresa das
09:30 ás 14:30 horas. Desde a Axencia, agradecer á dirección de
CTAG Porriño a súa colaboración nas campañas de doazón de sangue
que comezou a acoller, de xeito ininterrompido, desde o ano 2008 e
que teñen acadado un total de 769 doazóns.