FERROGLOBE RAMSA MINING S.A. RECIBE A VISITA DA UNIDADE MÓBIL DA AXENCIA DE DOAZÓN DE ÓRGANOS E SANGUE

Os traballadores e traballadoras de Ferroglobe Ramsa Mining S.A. poderán tomar parte nunha nova campaña de doazón da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) que terá lugar hoxe, martes 2 de xuño, na unidade móbil que visita esta empresa coruñesa e que terá un amplo horario de atención aos doantes: das 09:30 ás 14.30 e das 15:30 ás 17:30 horas. Desde a Axencia, agradecer á dirección de Ferroglobe Ramsa Mining S.A. e a todos os seus profesionais a súa colaboración nas campañas de doazón de sangue que comezaron a desenvolverse nesta empresa no ano 1995.

Comparte vida, únete a nós.