A
campaña de doazón desenvolvida pola Axencia de Doazón de Órganos
e Sangue (ADOS) chega unha vez máis ata as instalacións de Área
Central en Santiago de Compostela co obxectivo de acadar a
participación dos seus traballadores, traballadoras e da veciñanza
santiaguesa. A unidade móbil estará estacionada, como é habitual,
fronte á cabina de información na escaleira de acceso a Alcampo en
horario de 09:30 ás 14:30 e das 15:30 ás 21:00 horas.
As
unidades móbiles da Axencia comezaron a visita Área Central no ano
1993 e teñen acadado unha cifra acumulada de 15.691 doazóns de
sangue.