Os
traballadores e traballadoras de Resonac poderán participar nunha
nova campaña de doazón de sangue impulsada desde a Axencia de
Doazón de Órganos e Sangue (ADOS), grazas á colaboración brindada
pola xerencia desta empresa coruñesa. Resonac ten acollido campañas
de doazón de sangue desde o ano 1994, acadando 411 doazóns de
sangue.
A
Axencia quere convidar a todos os profesionais de Resonac a acudir a
doar na unidade móbil que estará estacionada este martes 26 de maio
diante do servizo médico en horario das 09:30 ás 14:30 horas.